Martes. 29.11.2022
É un programa promovido por ambos concellos incluído na campaña XOGADE

Ares e Mugardos achegan unha visión lúdica do atletismo aos cativos

Varios do participantes da primeira xornada do programa durante as probas e os xogos
Varios dos participantes da primeira xornada do programa durante as probas e os xogos

Esta misma semana, o campo de fútbol municipal de Prados Vellos foi o escenario do comezo do programa Atletismo Divertido, organizado conxuntamente polos concellos de Ares e Mugardos, integrado dentro da campaña XOGADE da Secretaría Xeral para o Deporte, e que está orientado a nenos e nenas aresáns e mugardeses co obxectivo de fomentar e achegar a práctica atlética aos máis pequenos dun xeito educativo e lúdico, e que garanta a calidade dun primeiro contacto co deporte.

Despois desta primeira cita que inauguraba o inicio do programa, os vindeiros 22 e 29 de febreiro, os alumnos de entre 6 e 12 anos de todos os centros educativos de ambos municipios tomarán parte en carreiras, saltos e lanzamentos nunhas probas coordinadas polos adestradores-monitores do Club Atletismo de Narón. A metodoloxía é misturar as diferentes modalidades atléticas con diversos xogos coa finalidade de que os rapaces e as rapazas asocien o deporte e o atletismo cun compoñente de diversión.

As xornadas se dividirán en dúas quendas, a primeira de 10.00 a 12.00 horas para a rapazada de Mugardos e, posteriormente, para os cativos de Ares de 12.00 a 14.00 horas. En todas as probas e xogos, para potenciar ese compoñente divertido e educativo prevalecerá a participación por encima da competitividade.

comentarios
Entrando na páxina solicitada Saltar publicidade