Mércores. 24.04.2024

O Concello de Ares, que está ultimando os detalles finais, presentou a XIV edición do seu Campus Chiquibásquet, unha actividade lúdico-deportiva centrada na formación do baloncesto, e que está dirixida á rapazada de 5 a 18 anos. A iniciativa, que ten unha ampla tradición nos veráns do concello, foi presentada na casa consistorial pola concelleira de Deportes, Noelia Montero, e polo promotor do Campus, Chiqui Barros, e desenvolverase do 1 ao 5 de agosto.

O pavillón polideportivo de Ares acollerá un Campus centrado na aprendizaxe progresiva, a diversión e a práctica do baloncesto, cun horario de 10.00 a 13.30 horas, un custo de matrícula de 50 euros (45 para segunda matrícula familiar e seguintes) e un total de 40 prazas habilitadas, segundo informan desde a organización.

O proceso para reservar as prazas está aberto ata o venres 29 de xullo, ás 19.00 horas ou ata esgotar o total de prazas ofertadas. As inscricións tramitaranse a través da páxina web do Concello, a través do correo electrónico [email protected] ou ben no teléfono 676 408 520.