Sábado. 20.04.2024

A Federación Galega de Atletismo deu a coñecer, trala disputa dos campionatos de Galicia en pista cuberta Sub16 e Sub18, a lista de convocados que formarán parte da Selección Galega que disputará esta fin de semana (10 e 11 de marzo) en Xetafe o Nacional de Campo a Través no que o obxectivo é pelexar polos postos importantes na categoría por equipos, e facer un bo papel a nivel individual.

Unha potente selección que contará nas súas filas cos atletas de Ferrolterra Carolina Santos e Ricardo Negrete (finalista o ano pasado), ambos do Ría de Ferrol e Sub18, e co fondista Damián Suárez (Sub16) do Cedeira Muebles García. A lista a lidera a campiona de España e plusmarquista nacional Sub18 dos 1.500 e 3.000 metros, a lucense Xela Martínez, e a completan a prata e bronce no último Galego, Sara Guedes (Atlética Lucense); Sergio Quintas e Héctor Rodríguez do Club La Purísima, así como Víctor Ramos do Triki Team. E, en sub16, acompañando a Suárez, estarán Álex Sierpes (Tegra), Asher Díaz (Agrupación Viguesa) e Teo de Frutos (Lucus Caixa Rural). Ademais de Amparo Corredoira (Atlética Lucense), Paloma López (A Gándara) e Susana Padrón (Ourense Atletismo).