Sábado. 20.04.2024

O alcalde de Cedeira, Pablo Diego Moreda, e o presidente da Deputación da Coruña, Valentín Fernández Formoso, acaban de asinar un convenio mediante o cal o ente provincial financiará o 80 por cento, e o Concello o 20, das actuacións de mellora do pavillón polideportivo municipal, que consistirán na sustitución da madeira da pista deportiva e a instalación dun novo marcador electrónico. O investimento total ascende aos 187.201 euros.

Estas actuacións son froito do traballo destes anos do Concello de Cedeira por poñer ao día esta instalación municipal da que a veciñanza fai un uso moi intensivo, e malia que o Concello fai melloras e obras de mantemento frecuentemente, como a recente sustitución dos canalóns, esta intervención, ao ter un elebado orzamento, requiría da colaboración do ente provincial. "Por sorte, somos unha vila na que se practica moito deporte e o pavillón deteriorouse pola antigüidade e polo uso, e esta actuación é moi necesaria", explicou o alcalde.

O proxecto sustituirá o solo de madeira da pista deportiva cunha superficie de 1.211 metros cadrados, así como as zonas anexas, tamén empregadas para o desenvolvemento doutras actividades cun pavemento de linóleo sumando outros 165 metros cadrados. A pista actual está formada por parqué cruzado deportivo de 22 milímetros, colocado sobre formigón, sen capa de impermeabilización. As obras de sustitución consistirán na colocación de táboas de madeira maciza de 22 milímetros sobre rastreis de madeira laminada, cunhas tiras de goma que evitan a deformación do chan e melloran a absorción dos impactos. Fóra da pista instalarase pavimento sintético cunha capa de impermeabilización. O proxecto tamén inclúe a instalación dun novo marcador electrónico pensado para todas as especialidades deportivas que se practican en la cancha.

Pablo Diego Moreda agradeceu ao ente provincial o seu apoio, e aproveitou a sinatura do convenio para recalmar á Xunta "máis implicación co deporte da nosa vila na que contamos con deportistas moi destacados", e pediulle ao Goberno galego "unha aposta por Cedeira a través da construción dunha nova piscina municipal".