Búscase evitar as filtracións de auga e que estas provoquen problemas maiores

O Concello de Cedeira acomete obras de urxencia na cuberta do ximnasio do polideportivo municipal

Obras na cuberta do polideportivo municipal de Cedeira

O Concello de Cedeira vén de contratar as obras de urxencia, e que xa se están acometendo, para reparar e sustituir parte da cuberta do ximnasio do polideportivo municipal co obxectivo de solucionar os problemas de filtración de auga que se dan nesa parte das instalacións, e á súa vez para evitar que estas filtraciones provoquen problemas maiores. 

A actuación, que conta cun orzamento póximo aos 8,500 euros, consiste na desmontaxe da cuberta e o caleiro actual do ximnasio, o subministro e montaxe dun novo caleiro en chapa de aluminio e subministro e montaxe da cuberta en chapa precalada, incuída unha dobre capa traslúcida.

O polideportivo municipal de Cedeira é unha instalación con 30 anos de vida e na que o Concello realiza todos os anos actuacións de mantemento, mellora e conservación. Actualmente, ademais estase a tramitar unha intervención cun orzamento duns 187.000 euros, a través dun convenio coa Deputación da Coruña para a reposición do pavimento da pista, das zonas anexas e a instalación dun novo marcador electrónico.