Venres. 29.03.2024

A concelleira de Deportes de Santiago, Esther Pedrosa, presentou o pasado día 10 de outubro o proxecto para a renovación das pistas de tenis municipais situadas na rúa Rodríguez de Viguri, muy preto de Cancelas. Unha das demandas da veciñanza do barrio, xa que as pistas non sufren intervención algunha desde hai moitos anos, e o seu estado non é o adecuado para a práctica do tenis, co firme desnivelado e roto, o sistema de iluminación inutilizado ou o peche perimetral tamén con roturas e gastado pola corrosión.

Pedrosa explicou que a primeira fase deste proxecto contará cun orzamento de 48.190 euros, que teñen como destino arranxar o pavimento das pistas 1 e 2, e que a segunda, orzamentada en 48.348,68 euros, consistirá no pechamento e melloras na iluminación das instalacións.

A finalidade das obras nesta primeira fase é a de mellorar o actual firme que se atopa en moi mal estado, e entre as actuacións contémplase a demolición da soleira existente, a adecuación da base e a colocación dun novo firme composto dun pavimento máis poroso de formigón que ten unha maior resistencia ao escorregamento e máis capacidade de drenaxe. O prazo de execución desta primeira fase estímase en 30 días, e conta coa garantía dun ano.

As pistas de tenis situadas na rúa Rodríguez de Viguri
As pistas de tenis situadas na rúa Rodríguez de Viguri

A segunda fase consistirá na substitución do actual peche que tamén se atopa en moi mal estado, ademais de cambiar o sistema de iluminación por luminarias LED, e sustituiranse os báculos. A remodelación que se vai desenvolver nesta fase, tamén inclúe a demolición da soleira perimetral e a constución dunha nova que teña as mismas características que as pistas de tenis: co pavimento continuo poroso de formigón, de baixo contido en finos. O prazo de excución e a grantía son os mesmos que na fase anterior.