Xoves. 28.03.2024

O Concello de O Pino abriu o ximnasio do polideportivo de Lameiro unha vez que a Xunta de Goberno Local aprobou o regulamento de uso das instalacións.
As novas instalacións contan, entre outros aparellos, con 5 cintas, 5 elípticas, 5 bicicletas e unha máquina de remo. Todas as persoas empadroadas no Pino poderán utilizalas de forma gratuíta de luns a sábado, en horario de mañá e de tarde, agás festivos e períodos de vacacións.
O uso destas instalacións estará supervisado por un monitor titulado da empresa VV Xestión de Actividades SL, que foi a adxudicataria do proceso de licitación que fixo público o Concello de O Pino este mesmo ano.