Martes. 23.04.2024

O Moto Club Fojeteiros, coa colaboración do Concello de Narón e o Padroado de Deportes, presentaron a XV edición da Concentración Moteira Cidade de Narón que encherá de motocicletas a localidade de Ferrolterra os días 3, 4 e 5 de xuño. Unha cita que inclúe este ano as décimas Xornadas de Turismo Activo con rutas deseñadas polo municipio e a comarca, e cuxo prazo de prescripcións permanecerá aberto ata o vindeiro 30 de maio.

O venres 3 inaugúrase a concentración coa apertura das inscripcións, do mercadillo moteiro e das atraccións infantís (18.00 horas). Nesta xornada, ofrecerase unha cea a todas as persoas inscritas e ás 23.00 horas será a quenda dos concertos coas bandas Cuero & Laca, La Guardia (Xira 40 aniversario) e Malditos Pendejos.

Os motores acenderanse contra ás once da mañá, tralas inscripcións e a apertura do mercadillo moteiro ás dez, e iniciarán a primeira das rutas polo paseo do Xuvia ata o concello de Cedeira, para retornar de novo ben entrado o mediodía. Pola tarde, os pilotos Juanda de la Peña e Víctor Palomares ofrecerán unha exhibición de trial tamén no paseo do Xuvia e pola noite farase entrega dos trofeos, antes da tradicional Ruta dos Fachos (23.00) para homenaxear aos moteiros falecidos e discurrirá pola estrada Castela co desfile de fachos e pechará a xornada a festa moteira amenizada polo DJ Frank Fairlane.

Na xornada dominical retómase a concentración cunha nova ruta ás 11.30 horas que levará aos participantes polo Faro de Meirás en Valdoviño e polas inmediacións da praia da Frouxeira, regresando ao mediodía. Trala comida sortearanse agasallos entre todos os participantes antes do acto de clausura desta XV edición da Concentración Moteira Cidade de Narón.

Desde o Concello, colaborador do evento, destacaron o traballo do moto club local "para organizar un programa de actos tan completo e variado do que poderá desfrutar toda a xente que se achegue ata Narón durante esta fin de semana. Todas as persoas interesadas en participar poden atopar toda a información na web do Moto Club Fojeteiros.