Venres. 19.04.2024

O piloto de Dumbría Víctor Senra xunto ao seu copiloto Alejandro López sumaron a súa terceira coroa na 34 edición do Rally Cidade de Narón, que se disputou do 9 ao 11 de xuño, contou con cerca de 80 vehículos inscritos e é unha das probas puntuable para a Copa de España de Rallyes de Asfalto.

A dupla Senra-López co seu Skoda Fabia Rally2 Evo non cedeu en ningún dos tramos durante a competición, e chegou á xornada final cunha vantaxe sobre o segundo clasificado de máis de 21 segundos, impoñéndose ao final sendo 02:02.600 minutos máis rápido que o Skoda Fabia R5 de Jorge Pérez e Miriam Vera (Cogostra Team Sanxenxo) e por 02:15.200 minutos de vantaxe ante Luis Vilariño e Javier Martínez co seu Fabia Rally, que completaron o podio.

Nesta clasificación, puntuable para a Copa de España de Asfalto, houbo un total de 14 abandonos, e durante a disputa da mesma a organización a tivo que deter porque mentras era a quenda do piloto Álvaro Muñiz, este veuse obrigado a pisar a fondo o freo, a uns cen metros da meta, porque un afeccionado cruzouse no seu camiño e quedou tendido no chan. Por sorte, foi atendido en el mismo lugar, e a organización indicou que non revestía gravidade, máis o tramo tivo que ser neutralizado.

O Trofeo Escudería Siroco Narón, organizadora da cita xunto ao Concello foi para o piloto fenés Ignacio Sanesteban xunto ao seu copiloto Cristobal Vergara co seu Clio RS 2.0 cun tempo de 01:21:46.800 horas por diante de Javier Pérez e Melisa Lorenzo (GR Yaris) con 01:22:20.500 e de Gonzalo Santos e Jose Antonio Figueiras co seu Renault Clio Sport cun tempo de 01:23:53.200 horas.