Venres. 19.04.2024

O Concello de Vila de Cruces acolleu o Campionato Galego de Loitas Olímpicas en categoría junior e escolar ao que acudía a Escola Ayude cun equipo que non deixou a ninguén indiferente.

Miguel Quintela conseguíu dous ouros, un en grecorromana e outro en libre olímpica, Nerea Iglesias fíxose co ouro e Nahum Ayude conseguiu a prata en grecorromana.

Nerea Iglesias e Nahum Ayude acudirán coa selección galega ao Campionato de España junior que se celebrará en Madrid.