Melide quere recuperar e intensificar a actividade deportiva
O Concello de Melide, dende a súa Concellaría de Deportes poñerá en marcha unha campaña que terá como obxetivo reactivar o deporte na vila despois dos meses nos que a actividade permaneceu pausada de maneira presencial debido á pandemia sanitaria.
Entre as actividades que alberga esta campaña atópanse as posibilidades que ofrecen as escolas deportivas que comezarán co mes de outubro e que a previsión de anos anteriores apunta que haberá moita participación.
Unha das novidades das que poderán beneficiarse os veciños e as veciñas de Melide neste novo curso deportivo será a posibilidade de poder utilizar o pequeno ximnasio situado no polideportivo municipal, establecendo un sistema de cita previa e un control de aforo para cumprir cos protocolos Covid.
Haberá novidades importantes como son a creación de dúas ligas esta temporada: por unha banda unha na que o protagonista será o pádel e outra na que o será o fútbol sala.
Dende a Concellaría de Deportes tamén se traballa nun calendario regular de andainas,despois das boas sensacións que deixou a I subida ao Bocelo, as numerosas posibilidades que Melide ofrece e o habito que hai.