Xoves. 28.03.2024

O Concello de Ferrol, a través da concellería de Urbanismo, está a realizar diversas obras de mellora e acondicionamento do pavillón polideportivo de Esteiro. Entre estas actuacións está prevista a mellora da accesibilidade para persoas de movilidade reducida, así o anuncio o concelleiro Julián Reina, trala xuntanza mantida coa presidenta da asociación ASCM, Paula Gárate, e na que abordaron este asunto.

Ademáis, outras actuacións forman parte dunha “solución integral” para reducir o impacto do uso dunhas instalacións altamente empregadas pola veciñanza e favorecer a súa conservación. Entre estas actuacións está a sustitución da cuberta e das súas canles de desagüe, reparacións nos tellados e cubertas danadas polo uso, mellora dos accesos e saídas de emerxencia, reparacións puntuais de mantemento na tarima e nas vancadas da pista, cambio na ventilación, así como o saneamento e pintado de todos os paramentos interiores, entre outras pequenas actuacións que permitirán aos veciños e veciñas seguir desfrutando do polideportivo.