Xoves. 25.04.2024

O vindeiro día 6 de marzo dispútase a quinta edición do Trail Montes do Couzadoiro, organizado polo Concello de Ortigueira, a Asociación de veciños e veciñas dos Montes Couzadoiro, así como a Peña Ciclista Santa Marta.

A proba terá a súa saida na zona do campo de fútbol sala na parroquia de Couzadoiro, a partir das 9.30 horas. As modalidade serán Trail (25km), Minitrail (12km) e Andaina (10km), ademáis das categorías absoluta e veterán, masculina e femenina.

Todos os interesados en participar nesta proba, aínda se poden inscribir ata o día 2 de marzo, na páxina web: www.galitiming.com