Xoves. 25.04.2024

A cidade de Narón acollerá os vindeiros 24, 25 e 26 de xuño o Campionato de España de Latinos e a cita mundial Grand Slam de baile deportivo despois do acordo asinado pola alcaldesa Marián Aneiros e polo presidente da Federación Española de Baile Deportivo (FEBD), Luis Vañó. O pavillón polideportivo municipal da Gándara e o Pazo da Cultura acollerán os eventos, nunha cidade con moita tradición e éxitos nesta modalidade deportiva. Na sinatura do acordo tamén estiveron presentes José Oreona, concelleiro de Deportes e o presidente do Club de Baile de Narón, Jesús Marcos.

A rexedora, que aclarou que o Concello retoma así unha cita deportiva que se celebrou por última vez no 2015 asegurou que "é unha gran satisfacción poder celebrar na cidade este Campionato de España, que ademais acollerá os campionatos nacionais de danza coreográfica, de hip hop e de ritmos latinos" e tamén pola importancia de retomar, despois de decretarse a pandemia, a proba mundial Grand Slam, que tan só se celebra cada cinco anos e que reúne aos mellores especialistas de baile deportivo.

"Para nós hoxe é un día importante, ao presentar en Narón unha gran competición importante depois de seis anos, e Narón será capital do baile mundial esa fin de semana", destacou o presidente da FEBD Luis Vañó, que xunto á rexedora coincidiron en destacar que ambas institucións foron "pioneiros á de retomar a normalidade o antes posible, demostrando que é posible recuperala apostando conxuntamente pola celebracións destes importantes eventos deportivos".