Foi inaugurado a primeiros de marzo no parque dos Subarreiros

Neda instala un circuíto de habilidade para fomentar o exercicio físico

O novo circuíto de habilidade instalado no parque dos Subarreiros (Foto: neda.gal)

O parque de Subarreiros de Neda conta cunha nova instalación para a práctica deportiva, un circuíto de habilidade, que foi inaugurado a primeiros de mazo, e que según o Concello forma parte do plan de fomento da práctica de deporte e exercicio físico nunha contorna privilexiada xunto a outras instalacións deportivas.

A nova infraestrutura está deseñada en madeira tratada para facilitar a súa integración no entorno natural e manter a súa conservación fronte á meteoroloxía. 

Este circuíto de habilidade está integrado por diferentes elementos como barras de equilibrio, trepadores, escaleiras, cordas de equilibrio... e que permitirán aos seus usuarios realizar exercicios físicos moi completos ao tempo que se divirten.