Venres. 29.03.2024

O Concello de Boimorto organizou o pasado sábado 24 de setembro o Torneo de Fútbol 8 da categoría alevín (10 e 11 anos) nunha cita á que acudiron un total de sete equipos da comarca e da contorna: Boimorto, Arzúa, Touro, O Pino, Vila de Cruces, Silleda e Oroso. Na primeira fase, de grupos O Pino e Boimorto, no Grupo A, e o Oroso e o Silleda no Grupo B, conseguiron o pase ás semifinais, quedando emparellados O Pino (primeiro de su grupo) co Silleda; e o Oroso co Boimorto.

Ao final O Pino e Oroso, os dous equipos que lideraron os seus grupos, disputáronse o título que se decantaría para o equipo alevín de O Pino. O podio completouno o Silleda que venceu no partido polo terceiro posto ao conxunto local, o Boimorto que foi cuarto.

Entrega de trofeos do torneo
Entrega de trofeos do torneo

Dende o Concello agradeceron “aos rapaces de Boimorto que forman parte do equipo, a todas as formacións participantes e aos voluntarios e colaboradores” o seu bo facer, que permitiu durante unha xornada desfrutar do fútbol base da comarca.