Venres. 29.03.2024

Dalia García, portavoz dos populares en Melide reprocha ao goberno municipal que dende o pasado mes de outubro que deron comezo as actividades “non se emitiu nin un so recibo de cobro das Escolas Deportivas e Culturais”.

García amosa a súa preocupación de cara o peto dos melidenses “isto supoñerá o cobro acumulado de todos os recibos xuntos cun claro prexuízo para os melidenses usuarios/as destes servizos o que demostra unha vez máis o desbarajuste de xestión deste bipartito nesta e noutras áreas de goberno”.

“Dende o PP preocúpanos este modusoperandi do bipartito local sempre remando a contracorrente do que necesitan os melidenses; instamos a que esta situación se revirta inmediatamente e se contemplen pagos fraccionados para os usuarios xa que non teñen que sufrir as consecuencias da incapacidade do bipartito local” sinala a portavoz dos populares.