O campionato contou cun total de 36 parellas participantes
Récord de inscritos no II Torneo de Pádel, organizado polo Concello
08 de febreiro de 2024 (17:35 h.)
O pavillón polideportivo de Lañas acolleu, os pasados 27 e 28 de xaneiro, o II Torneo de Padel A Baña, organizado polo Concello, e que bateu o récord de participación con 36 parellas inscritas.
A cita disputouse en cinco categorías coa parella formada por Nuria e Rocío como campioa na grupo de Iniciación feminina, con Noelia e Gemma segundas clasificadas.
En 3ª Mixta venceron Óscar e Mónica, que superaron na final a Damián e a Alicia; e en 3º Masculina os gañadores foron Miguel e Luis, con Pepe e Santi segundos na clasificación.
Ademais, Jano e Chu foron os mellores na 2ª Masculina tras vencer a Iván e a Damián no encontro definitivo do torneo.