Xoves. 25.04.2024

Samuel Meilán Irago campeón de España de taekwondo en categoría junior, o campeón galego volve darnos outra alegría polo seu campeonato celebrado hoxe en Xaén, este toquense leva a Galicia por todo o mundo cos seus triunfos.

Gañou os combates con contudencia tal como nos ten acostumado o campeón galego.

Súmase outra medalla do campiòn galego de Toques. Foi prata no campionato de españa no ano 2019, medalla bronce no campionato de España por autonomías no 2018, ouro no open Profesional Taekwondo de Zamora, campión Galego en diversas categorías.

A nivel internacional foi bronce no Promesas CUP en Alemaña no 2019, tmaén ese ano foi ouro OPEN da Cerámica, e ouro no OPEN de España. 

Actualmente está no Centro Galego de Tecnificación de Pontevedra, onde compatibiliza a súa formación deportiva como académica, é unha das grandes opcións de Galicia para acudir a París 2024.