Xoves. 25.04.2024

Xa se empeza a escoitar o ruxir dos motores nas comarcas de Arzúa e Compostela, cando falta menos dun mes para que os coches tomen a saída do Xacobeo Rally da Auga 2022 o vindeiro 6 de maio, unha das citas de referencia da Copa de España de Terra (CERT) e proba candidata dentro do ERT Iberian Rally Trophy.

A cita do motor, para a que se están ultimando os detalles, contará tamén con multitude de copas de promoción, e unha das novidades será a Beca U24 cos Renault Clio Rally5. Ademais, os participantes e o público poderán ver, como unha das grandes atraccións, por primeira vez na península aos Yaris da Toyota Gazoo Racing Iberian Cup. Tamén no rally estarán en xogo as clasificacións da Copa 2RM e da Copa Kobe Motor dos pequenos Toyota Aygo.

Outra das novidades desta edición será o cambio de ubicación do Parque de Asistencia que trasládase ás inmediacións do Estadio Vero Boquete en San Lázaro. O venres 6 de maio terá lugar o shakedown (14.00 horas) e o tramo de calificación que se disputará no entorno do Concello de Touro e posteriormente no parque pechado ubicado na fábrica de queixos Queizuar.

A saída será, unha vez máis, ás 18.00 horas desde o compostelán Centro Comercial As Cancelas, donde tamén finalizará a competición co parque pechado e a entrega de premios. Unha vez iniciado o rally disputarase o primeiro tramo cronometrado en Arzúa e ao seu remate os pilotos se dirixirán á Praza da Feira de Arzúa para a elección do posto e pechar a cerimonia de presentación dos equipos antes de afrontar o tramo cronometrado do sábado de 102 quilómetros.

As inscripcións para esta nova edición do Rally da Auga están abertas desde o pasado 23 de marzo, día no que xa se presentaron multitude de solicitudes o que fai prever que vai contar cunha alta participación. O peche das inscripcións será o 27 de abril.

O semanal Bisbarra volverá ser o medio oficial da proba, onde os interesados poderán atopar toda a información, datos e novidades do Xacobeo Rally da Auga 2022.