Venres. 29.03.2024

O IX Xacobeo Rally da Auga 2022, que se disputou a pasada fin de semana nas comarcas de Arzúa e Compostela, e contou con 54 equipos inscritos de todo o país, coroou por cuarta vez ao piloto internacional catalán Xevi Pons (Skoda Fabia Rally2), que xunto a Rodrigo Sanjuán, non deu opcións aos seus rivais ao longo das xornadas da proba referencia e puntuable para a Copa de España de Rallyes de Terra (CERT). 

Malia levar máis de dous anos sen pilotar e adicar o seu tempo neste 2022 á creación do seu propio equipo, o Mapo Motorsport, o catalán, que calificou o Rally da Auga como "de mundial" e de "moi especial para min", rematou a xornada do sábado certificando o seu cuarto triunfo con algo máis dun minuto de vantaxe (1:06:38,4) sobre os segundos clasificados Rodrigo Zaballos e Sebastián González co seu Skoda Fabia Rally2 (a 1:04,6) e a uns 11 minutos (1:17,5) do Skoda Fabia R5 de Félix Macías e Ajejandro Portela que pecharon o podio do Xacobeo Rally da Auga 2022.

A Toyota Gazoo Racing Iberian Cup, unha das outras grandes atraccións da proba xa que permitiron ver por primeira vez na península aos pequenos Yaris desta modalidade, estivo moi reñida entre os pilotos Dani Berdomás e Sergi Francolí que a falta do último tramo só os separaba un segundo. Nembargantes, o piloto coruñés rompeu o diferencial traseiro e Francolí e a súa copiloto María Salvo subiánse ao máis alto do podio na súa estrea no rally.

Outros triunfos por categorías foron: Unai de la Dehesa e Alain Peña que vencían na Copa 2RM despois de recuperarse da picada dunha roda. Aritz Irondo-Joseba Sánchez dominaron o Desafío R2 da Copa 2RM co seu Peugeot 208, Paco Montes e David Collado fixeron o propio no Desafío Potro; Javier Sosa e Carlos Fragiel no Desafío N3 e Unai García que xunto ao seu copiloto Eguzkiñe Enríquez subíronse ao máis alto do podio na Cpa Kobe Motor acadando o seu segundo triunfo consecutivo nesta Copa 2RM.