Sábado. 20.04.2024

O vasco Yago Domínguez e a thaitiana Aelan Vaast subíronse ao máis alto do podio a pasada fin de semana na segunda cita do circuito europeo júnior de surf que se disputou no areal de Doniños e contou coa colaboración do Concello de Ferrol.

Os riders deste Júnior Pro Ferrol exhibiron un alto nivel, os campións non se coñeceron ata os duelos da xornada final e durante todo o campionato as mareas responderon ofrecendo aos deportistas as mellores ondas para surfear. A meteoroloxía tamén acompañou e ademais dos centos de surfeiros, moita xente se achegou ata Doniños para desfrutar do surf e de todas as actividades programadas ao longo de todos os días de competición.

Aelan Vaast arrebatoulle o triunfo a Janire González Etxabarri, gañadora da pasada edición e líder actual do top europeo, na repetición dun duelo, que ata agora sempre era para González, e que, nesta ocasión, foi para Vaast cunha puntuación de nove na última onda. Seguíronlles no podio Lucía Machado e Juliette Lacome.

Na categoría masculina tamén houbo que agardar a que os riders subíranse ás súas últimas ondas para coñecer ao vencedor, nunha final moi reñida entre Yago Domínguez e Noa Dupouy que reservaron os seus mellores trucos e aéreos para o final, que decantaríase para o rider vasco. Sampiter e Keoni Lasa completaron o podio dunha das citas de referencia no calendario de surf internacional júnior.