venres 03/12/21

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou o hotel 1930 Boutique Hotel en Arzúa, unha das preto de 900 empresas que xa se uniron en Galicia á iniciativa ata agora, #QuedamosenGalicia que se poderán reservar nas ofertas e paquetes publicados polos establecementos adheridos nesta segunda convocatoria do programa, o que supón arredor dun 24% máis que na convocatoria do ano pasado, que contou coa participación de 560 empresas.

 

O representante do Goberno autonómico informou que na comarca de Santiago están adheridos case 100 establecementos nesta segunda convocatoria nos concellos de A Baña, Ames, Arzúa, Boqueixón, Brión, Dodro, Melide, Negreira, Ordes, Padrón, Santa Comba, Santiago de Compostela, Teo, Touro e Vedra.

 

Así, esta nova convocatoria, posta en marcha xunto co Clúster Turismo de Galicia, permitirá mobilizar máis de 6,8 millóns de euros co obxectivo de reactivar o consumo interno mediante o estímulo do consumo e a demanda interna.

 

Trenor destacou o gran éxito desta nova convocatoria que esgotou, en apenas unhas horas, as tarxetas turísticas dispoñibles, neste senso, incidiu en que os datos do ano pasado xa avalaban o éxito deste programa, con case 20.000 beneficiarios, practicamente o 100% dos usuarios previstos. Por iso, “o éxito acadado coa segunda convocatoria non foi unha sorpresa e suporá un revulsivo, dentro dunhas semanas, para un sector que está empezando a levantar cabeza e que precisa de todo o apoio posible”, recalcou.

 

A través desta iniciativa a Xunta mobilizara este ano 6,8M€ para reactivar o sector turístico a través do fomento do consumo interno

 

 

 

 

 

comentarios