Xoves. 25.04.2024

O goberno municipal de Arzúa, conformado por Alternativa por Arzúa e PSdG-PSOE, instalou recentemente no tramo final da rúa de Lugo un conxunto de grandes letras co nome da vila como reclamo turístico para os visitantes. Con esta nova actuación, procura a introdución de elementos que melloren o aspecto das rúas.

Na confianza de que poida ser posible, se a situación sanitaria así o permite, unha progresiva reapertura do turismo de cara ao verán faise necesaria a renovación da oferta para que Arzúa siga a ser un referente, sobre todo entre os usuarios do Camiño de Santiago. Nese sentido, a humanización das rúas é un factor importante.

As letras volumétricas que desde agora saúdan aos visitantes que se achegan a Arzúa pola estrada de Lugo ocupan un espazo de 4,30 metros de longo e unha altura de 1,30 metros, e están retroiluminadas para garantir a súa visibilidade. Ademais, o conxunto contará co hashtag #arzuaturismo para promover nas redes sociais a oferta turística da vila