venres 03/12/21

O Concello de Curtis aporta 19.531 euros, o 20% do total, mentres que a Deputación da Coruña aporta o 80% restante. Son as coñecidas axudas do PEL Reactiva dirixidas a microempresas e autónomos afectados pola crise da Covid-19.

Das 69 solicitudes recibidas, 54 foron admitidas de forma provisional e 4 solicitudes están admitidas pero sen fondos debido ao esgotamento do crédito.

Dende o Concello de Curtis traballan para ampliar a partida presupuestaria con 9.841,85€ para dar cobertura a estas 4 solicitudes.

comentarios