Venres. 29.03.2024

Levase a cabo a substitución da iluminación pública actualmente en funcionamento en tramos da Avenida de Toques e Friol e mais na estrada da Coruña, situadas no acceso á vila. A medida ten como obxecto a mellora técnica do alumeado, de baixo rendemento, a través da instalación de luminarias LED de baixo consumo.

Unha das principais melloras desta intervención será contar nas luminarias LED cun driver de regulación que permita executar dobre nivel de iluminación. Deste modo, durante as horas da noite, cando hai menos circulación de vehículos, o fluxo lumínico descenderá un 30%.

Os estudos técnicos municipais conclúen que a través deste cambio reducirase o consumo eléctrico nun 84%, mellorando ao mesmo tempo a seguridade vial na zona. Ademais, a nova instalación cumprirá coas disposicións do Regulamento de eficiencia enerxética das instalacións de iluminación.

Na estrada da Coruña, forons substituídas 44 luminarias mentras que na Avenida de Toques e Friol cambiaronse un total de 34.

Os traballos terán un orzamento total de 14.774 euros. Parte do investimento será financiado a través dunha subvención de 23.438,40 € concedida pola Dirección Xeral de Administración Local, dependente da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia.