Xoves. 25.04.2024

O PP de Melide reclama que o bipartito local aprobe “dunha vez por todas axudas para os sectores máis afectados pola crise da COVID-19. Se analizamos a realidade económica de Melide o sector terciario ten unha preponderancia moi elevada na nosa economía, motivo polo cal, e logo dun ano de pandemia, restricións...etc., non hai motivos xustificables, tendo o concello a situación económica que ten, -moi boa-, para que o bipartito non aprobe un paquete de axudas para os sectores máis castigados pola crise que teñen moita presenza na nosa vila”.

Dende a formación popular aseveran que “non hai escusas xa que a Xunta de Galicia, vén de poñer a disposición dos concellos unha plataforma de xestión na que todo aquel concello que así o manifeste poida xestionar axudas directas a os sectores máis afectados pola crise”.

“Non nos cansaremos de reclamar axudas ao sector, é o noso traballo ao servizo de Melide e dos melidenses”, reitera a portavoz popular, Dalia García.