Mércores. 24.04.2024

O Partido Popular de Arzúa presentou por rexistro municipal as suxerencias ao proxecto de orzamento para o ano en curso.

Tal e como explican dende as filas populares “as suxerencias realizadas foron realizadas especialmente no apartado de gastos, pero tamén con algunhas no de ingresos”.

Rafael Rivadulla, portavoz popular, destaca “a desigual información entre ingresos e gastos, chámanos a atención a desproporción nun documento de 224 páxinas, onde as táboas de datos para ingresos son só de 5 páxinas, e as de gastos, 156”.

Solicitan a compra dun terreo para aparcamento, “logo de levar gastado máis de 120.000 € en aluguer polo actual, durante máis de 10 anos, este ano supera os 13.000 euros”.

“Tampouco entendemos a xustificación nun ano de crise unha axuda para chipeado de cans por valor de 10.000 euros, Curiosamente, o mesmo importe que vai destinar AxA-PSOE a reactivar o consumo local no comercio”, din os populares.