Xoves. 25.04.2024

O PP de Melide critica “a falta de interese por temas de transcendencia municipal deste goberno. Vimos asistindo a anuncios de cuestións de xestión diaria e repetitiva da administración local como se foran un éxito propio do bipartito local, non obstante, en cuestións de calado municipal hai un baleiro importante e demostrable”.

“O executivo de Pérez e de Prado priva aos veciños e veciñas de Melide de mellores servizos ao non xestionar as debidas autorización que precisan as ferramentas que a Xunta de Galicia pon a dispor dos Concellos”.

Ademáis os populares melidenses chaman a atención “á dilación de máis de 7 meses na aprobación da ordenanza de corta de madeira, que foi obxecto de aprobación inicial o 1 de setembro de 2020 despois do pleno de agosto do ano 20, pleno no que os populares xa mostraron as súas dubidas sobre a legalidade e a eiva que supoñería esta ordenanza para os propietarios de masas forestais”.