O cura, xa finado, terá un busto no cemiterio da parroquia de Cardeiro

Boimorto homenaxea ao párroco Ignacio Padín a título póstumo tras máis de 60 anos de servizo

Busto Don Ignacio Padín

A parroquia de Cardeiro celebrou o pasado sábado un acto de homenaxe ao que foi párroco de Cardeiro nos últimos 60 anos, don Ignacio Padín, finado no 2017.

A homenaxe consistiu no descubrimento e posterior bendición dun busto en lembranza ao párroco no cemiterio a carón da igrexa parroquial de Cardeiro, onde Padín desenvolveu o seu traballo nos últimos anos.

Ao acto acudiron veciños e veciñas das parroquias onde Ignacio Padín celebraba os actos relixiosos como eran non só Cardeiro senon tamén Buazo e Sendelle. Durante a xornada a veciñanza tivo palabras de agradecemento onde familiares e amigos recordaron o seu cariño e o se bo facer durante os seus días, cunha vida adicada íntegramente ao servizo dos demais.