Mércores. 24.04.2024

Begoña Roldós, concelleira de Ensino, informou do inicio da nova empresa adxudicataria, Alimentación Saludable Gallega SL, no servizo de almorzo e xantar dos comedores escolares municipais do CEIP Unión Mugardesa e Santiago Apóstol.

Coa licitación levada a cabo para adxudicar este servizo a unha nova empresa, o goberno municipal aproveitou para mellorar a calidade do menú, polo que o Concello pasará a pagar ata 6,82 € por menú, pero o prezo máximo a abonar polas familias manterase nos 4,40 € actuais por menú.

Desde o departamento municipal informan aos pais e nais dos usuarios do servizo que a forma de anular ou encargar os almorzos e xantares segue igual que coa anterior empresa, aínda que cambia o número de teléfono e o mail a onde dirixirse. Ata as 10.00 horas poderase anular ou encargar o servizo de xantar, e ata as 19.00 horas poderase avisar para o almorzo do día seguinte. Para realizar estas xestións debe chamarse ao 630 363 844 ou enviar un email a [email protected].

Por outra banda, nos menús mensuais que a empresa preparará para os comedores municipais e que mensualmente publícanse na web municipal, inclúense tamén as recomendacións nutricionais para o xantar e a cea dos pequenos e pequenas como guía, xa que a empresa Alimentación Saludable Gallega garante que estes menús foron planificados segundo os principios dietético-nutricionais establecidos pola OMS (Organización Mundial da Saúde) en alimentación escolar e elaborados por unha dietista-nutricionista.