Venres. 29.03.2024

Os concellos conseguen 370.000 horas de axuda no fogar para as súas veciñas e veciños.

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou, a concesión definitiva do Plan de Servizos Sociais Comunitarios da Deputación da Coruña, que permitirá financiar 370.000 horas de axuda no fogar nos concellos da provincia, 77.000 máis que o ano pasado.

Reforzase este ano todos os seus programas sociais dos concellos  para facer fronte aos efectos da pandemia. O orzamento da área social da Deputación experimenta este ano unha importante suba do 137% “para non deixar a ninguén atrás na saída da crise”.

O Plan de Servizos Sociais Comunitarios suma este ano un investimento de 8 millóns de euros que tamén permitirán crear 179 empregos de persoal especializado en asuntos sociais nos concellos. A deputada de Benestar Social, Ana Lamas, incidiu en que “ademais, a través desta liña articúlanse as axudas a familias con escasos recursos, os programas de conciliación ou respiro familiar e o financiamento dos servizos de axuda no fogar (SAF) dos concellos.

BISBARRA

No caso dos municipios da bisbarra de Santiago fináncianse este ano 88.688,51 horas de axuda no fogar e contrátase a 50 profesionais.