Xoves. 25.04.2024

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade vén notificou aos concellos galegos a concesión das axudas para a contratación de persoas perceptoras da Risga 2022 que suporá a contratación de 40 traballadoras e traballadores nos municipios das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal. O investimento da Xunta é de máis de 530.000 euros.

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, puntualizou que o obxectivo deste programa, do que se benefician nove concellos de Ferrolterra, é o de proporcionar ás persoas traballadoras destinatarias -mulleres e homes en situación ou risco de exclusión social- un contrato temporal que lles permita adquirir práctica profesional para facilitar a súa inserción laboral.

Nas tres comarcas, reciben apoio económico da Xunta nove concellos -Ferrol, Fene, Narón, Monfero, Ortigueira, Cariño, Cedeira, Pontedeume e As Pontes- este ano e as contías oscilan entre os preto de 247.000 euros que percibirá Ferrol para a contratación de 20 traballadores e os máis de 12.500 dos que se beneficiará Pontedeume para contratar a unha persoa.

Neste caso, a Xunta dará cobertura aos gastos salariais totais derivados da contratación por un período máximo subvencionado de nove meses e do 50% ao 75% da xornada.