Xoves. 28.03.2024

A Deputación da Coruña financia na súa totalidade, a través do Plan Único, un proxecto valorado en 127.563,56 euros para a mellora dos vestiarios e do muíño situados na praia fluvial de Tapia, no Concello de Ames.

 No caso dos vestiarios a actuación consistirá na substitución da actual cuberta e da estrutura de madeira que a soporta, que se atopa en mal estado debido ás filtracións de auga, por un novo teito de fibrocemento de cor tella e unha estrutura de madeira laminada.

 Por outra banda, no muíño tamén se renovará a cuberta por outra de pizarra e, ademais, durante a execución dos traballos aproveitarase para instalar unha porta de acceso e de iluminación interior, elementos dos que carecía ata o de agora.