Xoves. 28.03.2024

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, e o alcalde de O Pino, Manuel Taboada, visitaron a unidade móbil do programa Coidados porta a porta situada xunto ao centro de saúde de Arca. Alí sinalou que esta iniciativa leva atendidas a máis de 20.000 persoas de toda Galicia desde a súa posta en marcha no pasado mes de marzo, das que 5.600 persoas son da provincia da Coruña.

Acevedo e Taboada estiveron acompañados polas concelleiras Mercedes Vázquez e Eva Varela, e pola educadora familia Cruz Toande. Durante a visita conversaron coas personas que estaban agardando e saían das consultas, e tamén cos profesionais que atenden dentro da unidade móbil, que estará en Arca ata o venres 30 de setembro. Segundo informaron os profesionais, a veciñanza ten practicamente reservadas todas as citas dispoñibles.

Mediante esta iniciativa, o Goberno galego achega aos maiores de 55 anos atención gratuíta en podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria. A da Coruña é a que rexistra ata o momento un maior número de beneficiarios con máis de 5.600 persoas.

Por medio de oito autobuses que percorrerán todos os concellos galegos agás as sete cidades, a Consellería de Política Social e Xuventude facilita coidados médicos e de saúde en xeral preto dos fogares das persoas maiores, evitándolles desprazamentos fóra da súa contorna e posibilitando que poidan seguir vivindo alí onde prefiran.