Martes. 16.04.2024

Preto dun cento de alumnos dos ciclos de formación profesional das familias formativas de comercio e marketing, panadaría, repostaría e confeitaría e coidados auxiliares de enfermaría celebraron o acto de clausura do curso e imposición de becas ás promocións 18/20 e 19/21.

O evento, celebrado baixo as medidas do Plan Covid do centro, congregou ó alumnado, ó equipo directivo e docente, á presidenta da Asociación Efa Piñeiral, Raquel Carregal, membros da fundación Fundesar e a representantes das máis de 250 empresas acolledoras polas que pasan os alumnos ó longo dos ciclos formativos. A clausura do evento correu a cargo do alcalde de Arzúa, José Luis García.

No acto, ademáis de procederse á entrega dos diplomas acreditativos e imposición de becas, o alumnado realizou unha presentación da memoria de actividades académicas que conformaron o seu itinerario formativo ó longo do ciclo; visitas e viaxes técnicos, participación en feiras e encontros sectoriais, festas gastronómicas, participación en obradoiros, e estadías de formación en empresas en cada trimestre.

NOVOS CICLO FORMATIVOS

O centro formativo Efa Piñeiral xa está a recibir solicitudes de información para o vindeiro curso académico no que a oferta formativa de ciclos vén de reforzarse coa incorporación dos ciclos superiores de educación infantil e márketing e publicidade, que se suman ós ciclos medios e superiores de comercio e márketing, panadaría e pastelaría e auxiliar de enfermaría que xa se impartían na Efa Piñeiral.