Venres. 19.04.2024

O Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Brión acudiu a unha chamada de alerta dun veciño de Brión sobre un lume nun ático na rúa Tarrío 13, a apenas uns centos de metros da base do GES en Lamiño (Brión). Tamén colaboraron efectivos da Policía Local de Brión.

Ata o lugar se desprazaron tres bombeiros do GES e o xefe de Servizo ao volante da Bomba Urbana Lixeira (BUL) e do novo auto escaleira que, se ben aínda non foi presentado oficialmente, hoxe estreouse sobre o terreo. Ao chegar ao lugar do lume, os técnicos do GES observaron unha columna de fume moi escura, o que indicaba que o lume tiña bastante carga térmica. Tras acceder ao inmoble e desaloxar ao seu propietario, que trataba de controlar as lapas, os técnicos do GES procederon a apagar o lume e ventilar a casa. Só houbo que lamentar importante danos materiais na vivenda.