Venres. 29.03.2024

O concelleiro de Obras e Servizos, Jorge Kuntz, informou da solicitude realizada á Xunta de Galicia para que proceda ao desbroce das estradas situadas no Concello de Mugardos que son competencia autonómica, xa que debido ás circunstancias meteorolóxicas extraordinarias atópanse coas herbas moi altas dificultando o paso de peóns e vehículos.

Kuntz confirmou que o goberno municipal está a realizar un esforzo importante no que se refire ás tarefas de desbroce e limpeza de camiños, por tratarse dunha das prioridades do departamento de Servizos que dirixe.