Venres. 29.03.2024

O goberno bipartito de AM-PSOE vén de anunciar nas RRSS a programación da XXX Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional da Terra de Melide.

O PP de Melide lamenta que “no cartel promocional da Festa o Concello de Melide esqueza o logo da Xunta o que é a Administración que certifica que o Melindre sexa Festa de Interese Turístico non apareza a pesar de ser obrigatorio”. O PP advirte “do erro e demanda do goberno de Pérez que se subsane e que non se poña en risco a subvención que se percibe da Xunta de Galicia da Dirección Xeral de Turismo pola práctica do maniqueísmo manifesto do bipartito AM-PSOE”.

“É inaudito que o goberno do Concello non saiba nin comportarse institucionalmente coas directrices que legalmente lle competen” sinala a portavoz popular Dalia García, quen a súa vez insta “a que se corrixa inmediatamente este suposto erro na promoción da festa”.