Xoves. 25.04.2024

O Partido Popular de Melide amosa a súa “decepción” pola xestión que se está a realizar dende o actual equipo de goberno cos “numerosos vertedoiros descontrolados cos que conta a vila”.

Dalia García, a portavoz do Partido Popular de Melide vén de transmitir ao goberno municipal AM-PSOE sobre esta situacións. “Hai enseres abondonados, puntos de vertido incontrolados así como a deixadez e falta de limpeza no mobiliario urbano durante meses que so se arranxa no caso de que se denuncie na prensa”, di García.

Explican que “en varias rutas periurbanas que a veciñanza utiliza para pasear e que están consolidadas ao longo do tempo como senda do colesterol, pódense encontrar imaxes de abandono de diferentes enseres e o conseguinte dano ao medio ambiente sen que o o bipartito AM-PSOE faga nada durante meses”. Temos denunciado publicamente multitude de situacións nos que non hai mantemento no mobiliario público, puntos de vertedoiro incontrolado que so se solucionan se o informa a oposición, mobiliario público roto ou extremadamente falto de mantemento que funciona da mesma maneira: so se soluciona se o denuncia o PP”.