Venres. 26.04.2024

O Partido Popular de Santiso queixase da “penosa” xestión que se realiza dende o Concello aos máis maiores do municipio.

Explica que “nestes momentos no Concello temos 42 persoas en lista de agarda para poder acceder ao Servizo de Axuda ao Fogar, SAF, ou axuda á dependencia. Ámbolos dous servizos están subvencionados pola Xunta de Galicia con 370.128 euros.

Matilde Pallares, portavoz dos populares de Santiso indica que “a asignación de horas para o noso Concello é de 2.804 horas cada mes das cales só se presta 2.273 horas quedando sen utilizar 531 horas. Se se fan as contas o resultado é que poderían atender a todas as persoas con dependencia de grao II, 14 persoas e a 7 de grado I”.

Para atender a totalidade das persoas pendentes, tal e como explica Pallares, “serían necesarias 210 horas máis mensuais pero o goberno local do Bloque Nacionalista Galego non as solicitou e nin tan siquiera usan as asignadas pola Xunta”. Engade que “o retraso e deixadez é evidente neste servizo esencial, máis neste concello coa poboación maior que temos e que ten solicitado esta prestación”.

A popular apunta que “é hora de que se poñan a resolver cuestións verdadeiramente importantes e necesarias e deixen de pór a desculpa que están á espera da valoración, cando o evidente é coñecido. Esto debe de ser unha prioridade, axudar ás nosas familias e coidar os nosos maiores”.