Xoves. 28.03.2024

Hoxe Melide e a súa comarca están de loito. Mercedes Rodríguez Varela, viúva de Ezequiel Parrado, falecía onte aos 88 anos de idade. Ambos fundaron hai unhas cantas décadas a Pulpería Ezequiel que en pouco tempo converteuse en lugar de referencia para degustar o polbo. Son poucos os peregrinos do Camiño de Santiago que non se deteñen na pulpería que rexentaban Mercedes e Ezequiel, e que ademais ofrecía un amplo e exquisito menú de comida galega caseira.   

Aínda que foi o cefalópodo o seu produto estrela, o que situou á Pulpería Ezequiel entre un dos dez mellores lugares de Galicia para degustar este manxar. Non só os peregrinos, senón tamén os veciños da comarca e de toda a comunidade eran coñecedores do bo facer e do cálido acollemento que Mercedes e o seu home Ezequiel ofrecían a todos aqueles que acudían á pulpería, a máis famosa de Melide, de Galicia e de parte de Europa.

Mercedes Rodríguez será enterrada hoxe, luns 9 de maio, no ceminterio parroquial de Melide, con saída desde a igrexa parroquial onde se oficiará unha misa contra as 18.00 horas.