Sábado. 20.04.2024

O Concello de Touro distribuíu entre a veciñanza un total de 54.000 máscaras para seguir facendo fronte á Covid19 e manter afastado o coronavirus. Nos últimos días o Concello de Touro repartiu nos fogares das 19 parroquias que integran o municipio un total de 10 máscaras cirúrxicas e cinco máscaras FFP2 para cada persoa sexa adulto ou menor.

O Concello de Touro continúa facendo un esforzo para que os seus veciños e veciñas conten coas ferramentas para manter a raia a Covid19. O alcalde, función que neste momento recae en Alfredo Souto Castelo, agradece a colaboración da veciñanza para combater o coronavirus. “O Concello de Touro está logrando manter unha insignificante incidencia de casos de Covid19 na súa poboación; e iso e gracias ao compromiso de todos e todas”, destacou.