Martes. 29.11.2022

A Xunta asinou un convenio de colaboración co Concello de Boimorto para a posta en marcha dun programa de atención a persoas maiores. O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, visitou a localidade para presentar as actividades que se realizarán no marco desta iniciativa.

O Goberno galego destinará 80.000 euros para o seu funcionamento que permitirá a posta en marcha de actividades de atención e prevención da dependencia, así como de promoción da autonomía persoal. O director xeral sinalou a importancia de levar a todos os concellos galegos iniciativas que lles permitan ás persoas maiores vivir nos seus lugares de sempre ao tempo que están ben atendidos.

Antón Acevedo lembrou que a Xunta impulsa ademais outros servizos de proximidade que perseguen este mesmo obxectivo como as casas do maior, pequenos centros en lugares pouco poboados; o Xantar na casa, mediante o que se levan menús sans e equilibrados aos fogares das persoas maiores; ou o Servizo de Axuda no Fogar, co que se presta atención profesional aos maiores nos seus propios domicilios.

comentarios
Entrando na páxina solicitada Saltar publicidade