Martes. 23.04.2024

Nova APP móbil para o Concello de Melide

APPMóbilMelide
APPMóbilMelide

O Concello de Melide implementou unha APP móbil, dispoñible para dispositivos Android e IOS que permite acceder dun xeito doado e simplificado a multitude de servizos e trámites que pode facer a cidadanía.

Entre as seccións dispoñibles permite coñecer as últimas novas municipais, a axenda de eventos e actividades, directorio telefónico, información do tempo, xestión de citas previas, entre outras.

A maiores a APP inclúe unha sección de Ocio na que se inclúe información sobre Que ver?, Onde durmir? Onde comer? e as principais festas.