Xoves. 18.04.2024

A Asociación de mineiros Touro-O Pino realizaron hai uns días unha labor de mellora na contorna e retiraron unhas rodas que dende fai décadas estaban depositadas no Rego do Picón.

Dende a asociación explican que “seguimos atentos pola defensa do noso futuro na procura dunha solución industrial que nos garanta o traballo e estabilidade na nosa comarca e ao mesmo tempo seguimos de preto todas as melloras ambientais que dende fai un tempo se están a levar a cabo por parte de Cobre San Rafael nas augas do entorno da antiga explotación mineira”.