Sábado. 27.07.2024

O candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, expúxolle hoxe a Confederación de Empresarios de Galicia e o seu presidente, Juan Manuel Vieites, os eixos fundamentais do que será a súa política económica que, entre outros, pasa polo obxectivo de que a industria acade un peso do 20% do PIB galego no seu vindeiro mandato como presidente.

Besteiro explicou que as súas políticas para impulsar a economía galega e sacala do seu actual estancamento contan cun “plan claro e definido en cinco eixos: enerxía, industrialización, colaboración publico-privada, rede laboral e rede social”.

Besteiro apostou por “aproveitar ese novo marco comunitario e español para a reindustrializaicón, a modernización e a cohesión territorial vai pesar dunha forma definitiva e márcanos o obxectivo que é do de subir eses 5 puntos no PIB do peso industrial. Que creo que vai vir tamén do man do apoio desas iniciativas europeas, ese Plan de Recuperación, eses fondos de Europa -e do Estado, tamén- aproveitalos para que en Galicia aumente o peso industrial que creo que é no que todos estamos pola labor de traballar e sacar adiante. Un peso industrial nun marco no que vai a haber unha potencia enerxética para Galicia espectacular”