Sábado. 27.07.2024

Un ano despois da toma de posesión, que obxetivos de lexislatura están xa cumpridos nestes últimos 12 meses?

Facer unha valoración sobre cal é a cantidade de puntos cumpridos sobre o programa que fixemos en términos numéricos sería algo pouco obxectivo, prefiro valorar que o que estamos a poder facer despois de saber a situación do concello ao chegares nos, porque recordamos, nós empezamos a finais de xuño, fai menos un ano, e non tiñamos coñecemento a ciencia certa como era a realidade do concello.

E que é o que estamos a facer? Poñer ao día a situación financeira do concello, dar saída a gran cantidade de avisos veciñais (farolas rotas, espellos, etc...) atrasados, licitar todos os contratos que estaban caducados, e cando digo todos son todos: SAF, Limpeza, Xardinería... Este primeiro ano baseouse mais na estabilización financeira do concello para coñecer os nosos límites e poder facer unha planificación da lexislatura na cuestión de inversións.

A pesares de iso logramos cumprir con varios dos nosos compromisos como: levar actividades ás parroquias, colaborar con empresas subministradoras para ampliar a cobertura de fibra óptica, impulsar o comercio local cunha campaña de nadal, solicitar obradoiros de emprego ou calquera outra axuda doutras administracións, obras como a reforma da Escola Unitaria de Senra ou de Transmonte ou a instalación dunhas novo alumeado público, enerxéticamente máis eficiente, en Porto Avieira. En definitiva, cambiar de rumbo a forma de facer as cousas e facer todo o que beneficie o interese xeral dos meus veciños.

Que iniciativas vai poñer en marcha o seu equipo de goberno a curto e medio prazo?

Temos varios proxectos xa rematados ou en vías de rematar como o cambio do céspede do campo de fútbol Lino Balado, o novo pavillón polideportivo ou a reurbanización da Avenida da Grabanxa. Estas actuacións van depender da capacidade financeira que teñamos e do cumprimentos dos compromisos adquiridos por parte doutras administracións, pero en liñas xerais, tou moi ilusionado co que está por vir e creo que Oroso dará un salto cualitativo importante.

Cales son os principais problemas que ten a vila nestes últimos tempos?

Os problemas ao chegar máis importantes foron a situación do gasto corrente do concello o cal estaba completamente desatado e encontrar todos os contratos de servizos caducados e en situación irregular tendo que sacar a licitación todos eles e ter en conta todos os inconvintes que iso xera, dende a propia calidade de servizos ata a carga de traballo que supón para os funcionarios municipais.

Outro dos problemas foi a cantidade de avisos, con avisos refírome a cousas sinxelas de facer como poñer un espello ou cambiar unha farola, que estaban atrasados, algún dende fai máis de 5 anos. Fomos poñéndonos ao día e a situación agora para este tipo de cousas procura resolverse nun tempo minimamente razoable.