Xoves. 02.05.2024

use a amosar o seu apoio á nova titulación de FP Dual de Escavacións e Sondaxes do IES As Fontiñas, colaborando estreitamente na formación dos estudantes. Esta iniciativa permitirá que os mozos se convertan en testemuñas directas dos avances destinados a optimizar as operacións mineiras e preservar o ecosistema natural.

Este enfoque na colaboración entre entidades educativas e a empresa non só busca enriquecer a formación dos estudantes, senón que tamén pretende fortalecer os lazos entre o sector educativo e a industria, a través de sinerxías que beneficien tanto aos mozos como á empresa. A interacción directa coas operacións mineiras non só proporciona unha comprensión máis profunda dos procesos industriais, senón que tamén abre a porta á captación de talento local, contribuíndo así ao desenvolvemento económico da rexión e reforzando o compromiso de Cobre San Rafael co impulso da zona.

COBRE SAN RAFAEL, COMPOMETIDO CO ENTORNO E COA POBOACIÓN

Cobre San Rafael é consciente da súa responsabilidade como actor produtivo na zona, polo que busca participar naquelas actividades de carácter social como parte do seu compromiso co entorno e a poboación.

A compañía brinda apoio ao seu entorno máis inmediato en actividades de carácter social, asistencial, educativo, cultural, deportivo, entre outras, a través de colaboracións con entidades e colectivos da comarca que realizan unha labor recoñecida nestes ámbitos.

Nesta liña, a compañía ten en marcha un programa de sustentabilidad integral, na súa aposta por un diálogo continuo coa sociedade para construír un ecosistema medioambiental e social mellor.

Desta forma constituíuse TERRAS, o plan de RSC de Cobre San Rafael, que abrangue cinco ámbitos de actuación, cada un deles conta cunha serie de actividades e accións específicas. Relacionado coa posta en valor do río Ulla está TERRAS do Ulla; polo respecto do Camiño, TERRAS do Camiño; para o desenvolvemento socioeconómico da comarca, TERRAS do Futuro; pola seguridade e a saúde, TERRAS de Vida, e, para as accións de carácter social, TERRAS da Xente.

As siglas do plan fan referencia á Transparencia, Ética e Responsabilidade Real Ambiental e Social que se atopan explícitas nas áreas de interese do proxecto, que son: medio ambiente, sociedade e desenvolvemento; polas que a empresa traballa día a tras día no seu compromiso coa terra e as persoas.