Sábado. 27.07.2024

Este verán, os nenos e nenas da contorna de Santiago de Compostela terán a oportunidade para vivir unhas vacacións cheas de diversión e aprendizaxe, grazas aos campamentos infantís promovidos por Cobre San Rafael. Como parte do seu compromiso coa comunidade, a compañía colabora nos campus na procura de fomentar e promocionar o deporte local e a importancia do exercizo físico entre a cativada.

Con estas accións, Cobre San Rafael busca promover o deporte local e a importancia do exercizo físico entre os máis novos, proporcionándolles unha experiencia enriquecedora durante as súas vacacións de verán.

FÚTBOL

Para os amantes do fútbol, a SD Compostela abriu o prazo de inscripción para a nova edición dos Campus Xacobeos. Nenos e nenas de entre 5 e 16 anos poderán participar nas actividades deportivas e lúdicas, do 24 ao 28 de xuño e do 1 ao 5 de xullo, en Santiago de Compostela; do 1 ao 5 de xullo, en Arzúa; e do 8 ao 19 de xullo, en Touro. Ademais, os membros dos clubes asociados e conveniados á SD Compostela, xunto aos colaboradores, poderán beneficiarse dun desconto especial, e as familias con máis dun fillo inscrito recibirán un desconto adicional.

XIMNASIA RÍTMICA

Para aqueles interesados na rítmica, o clube Rítmica Compostela oferta o IX Campus de Verán Rítmica Compostela by Cobre San Rafael. Neste campamento, os nenos e nenas de máis de 5 anos poderán iniciarse ou perfeccionar as súas habilidades baixo a tutela dos mellores deportistas. O campamento desenvolverase en seis quendas, dende o 24 de xuño ata o 30 de agosto, con servizo de gardería de balde dende as 9:00 ata as 14:15. As prazas son limitadas, polo que é recomendable inscribirse canto antes.

COBRE SAN RAFAEL CO DEPORTE LOCAL

Cobre San Rafael é consciente da súa responsabilidade como actor produtivo na comunidade, polo que, en prol da promoción e transmisión de valores de conciencia social e co entorno galego, creou TERRAS, o seu plan de Responsabilidad Social, no cal enmárcanse este tipo de accións. Esta iniciativa foi resultado dun proceso de escoita activa e cocreación con diferentes axentes, entidades e expertos acreditados de ámbitos educativos, sociales e empresariais.

As actuacións están dirixidas á sociedade galega en xeral, aos sectores vinculados ao Río Ulla, a colectivos en risco de exclusión social de Arzúa e Santiago, e aos veciños e veciñas de Touro e O Pino.

Concretamente, a colaboración con clubs deportivos locais é unha acción que pertence ao ámbito de TERRAS da Xente. A través deste ámbito de actuación, a compañía quere apoiar o seu entorno máis inmediato naquelas accións de carácter social, asistencial, educativo, cultural, deportivo, entre outras, grazas ás colaboracións con entidades ou colectivos da comarca que teñan unha labor recoñecida nestas áreas.

As siglas do plan fan referencia á Transparencia, Ética e Responsabilidade Real Ambiental e Social que se atopan explícitas nas áreas de interese do proxecto, que son: medioambiente, sociedade e desenvolvemento; polas que a empresa traballa día a tras día no seu compromiso coa terra e as persoas.